O proxecto

Na primavera do 2017, e a partir do Convenio de Irmandamento das Escolas Santa María do Mar e Escola Secundaria Inácio de Loiola en Mozambique,  comenzamos  unha serie de colaboracións puntuais que fructuficaron nun proxecto de hermanamento coa  Escolinha CEI AMAN en Tete (Mozambique) co envío de material escolar e de unha cintas de vento elaboradas polas familias das escolas participantes na Coruña: EEI Arela, EEI Carricanta, EEI Montealto, EEI Os Cativos e a etapa de EI do colexio Santa María do Mar e CPR Cervantes.

Unha acción coa que pretendemos, por unha parte, sensibilizar, concienciar e fomentar a participación activa do alumnado e das familias na consecución de unha ciudadanía solidaria e comprometida co desenvolvemento sostible a nivel global e, pola outra,  xerar un espacio de intercambio docente para o fortalecimento das competencias docentes e dos nenos e nenas de Educación Infantil.

Un proxecto  ponte de culturas, razas e linguas a través do intercambio de información e comunicación entre escolas, onde aprenderemos, uns e outros, como somos, como vivimos, cales son os valores que nos moven, como son as nosas familias, as nosas músicas e contos, etc. e, ao mesmo tempo, nos permita achegar alumnos e familias de realidades moi diferentes a valores universais como a solidariedade, o valor do esforzo, a xusticia ou a importancia da educación e dos educadores, entre outros.

Un proxecto para compartir metodoloxías, actividades e experiencias de ensinanza e aprendizaxe que permitan a creación de redes de apoio entre escolas e para encontrar sinerxias de actuación entre  contextos escolares  diferentes.

O blog Fitas de vento é, ademáis, unha xanela aberta a outras escolas españolas e africanas, que queiran compartir connosco esta aventura docente.