Quen somos

Presentámonos:

Escolinha Infantil CEI- AMAN

A escola  CEI-AMAM  nasce durante o curso 16/17, promovida pola Associação María Ana Mogas para assistir o desenvolvemento  físico, psico-afectivo e cognitivo das criaças da unidade “21 de março” do bairro Samora Machel.

A CEI-AMAM é um lugar de fomento e respeito dos dereitos da criança  onde os mais miudos  aprendem e desde donde, através do diálogo,  se trabalha com as famílias para poder garantizar eo desenvolvemento integral do menor, baseándonos nas súas necessidades específicas e respeitando a súa dignidade como pessoas.

A escolinha tem una capacidade actual de 25 alunos  entre 3 e 5 años, mais esperamos duplicar essa quantidade em um futuro próximo.

Escola Infantil  Municipal Arela

Somos unha Escola Infantil Municipal de 0 a 3 anos da cidade da Coruña que leva en funcionamento desde setembro de 2002  e na que se escolarizan 115 nenos e nenas.

O equipo educativo está formado por 18 profesionais e temos unha relación moi próxima, pois a maioría levamos  xuntos neste proxecto máis de 10 anos.

 Contamos cunha escola moi ampla, con 8 aulas espazosas  e luminosas, un gran patio interior e xardín.

O noso proxecto educativo está baseado no respecto ás características e necesidades tan especiais que ten a primeira infancia, así como na transmisión de valores de convivencia e respecto cara a diversidade. Outro aspecto tamén esencial no noso proxecto é a implicación das familias no proceso educativo, polo que Arela é unha escola totalmente aberta á entrada e participación de nais, pais, avós, …..

 

Escola Infantil Municipal “Montealto”

Somos unha escola infantil situada no barrio de Monte Alto, xunto ao mercado e á praza que leva este nome.desde o ano 1987, cunha capacidade para 41 menores de primeiros meses a tres anos.

O noso edificio é moi limitado e estamos pendentes de poder contar cun novo centro. A falta de espazo é motor da procura de relacións que están enfocadas a enriquecer as nosas actuacións con persoas e entidades que van máis aló dos formalismos escolares e que teñen como referencia o neno e a nena como cidadáns do mundo. A vida artística e especialmente a música xoga un papel protagonista no noso proxecto educativo. Considerámonos un equipo aberto de seis persoas comprometido e sempre disposto a compartir experiencias e aprender xuntos.

Escola Infantil  Municipal “Os Cativos”

Somos unha escuela infantil municipal dunha cidade muoi bonita do norte de España, A Coruña.  Tódolos días, veñen 84 nenas e nenos desde os 3 meses até os 3 anos. Os traen as súas familias. Algúns chegan moi cedo, son moi madrugadores. Muitos  comen na escola e logo dormen.

Tamén vimos 11 educadores e unha cociñeira-limpiadora. A maioria levamos muitos anos nesta escola e aprendimos a coñecer aos cativos e por iso sabemos que xogar, experimentar, facer e desfacer, escoitar, cantar e bailar … é o que mais lles gusta, asi que preparamos a escola para que o poidan facer.

Colexio Santa María do Mar

Santa María do Mar é un centro educativo  privado concertado  da Compañía de Xesús situado á beira da ría do Burgo, na Coruña.

Neste curso somos 262 nenos e nenas en  Educación Infantil de 3 a 6 anos. Utilizamos pedagoxías activas que atendan á individualidade dos nosos nenos e nenas aos nosos para que,  coa colaboración das familias, alcanzar a formación integral (académica e humano-cristiá) dos nosos alumnos, co fin de axudarlles a ser homes e mulleres competentes, compasivos e comprometidos, en actitudes e feitos, no servizo aos demais.

CADEIC Nova Esperança

O centro nace pola necesidade imperante dun proxecto educativo que fortalecera os dereitos humanos  na Comunidade e Manje Distrito de Chiúta e que puidese dar cobertura aos habitantes desta comunidade en ámbitos rurales, mediante un Centro Educativo de atención integral que abarca tamén as chamadas “Escolinhas Comunitarias”, e prestan o servizo educativo inicial e comunitario tanto aos nenos como as familias.
Nace o dia 8 de Setembro do 2015, co atendemento de 87 ninos e adolescentes. Actualmente se ofrece unha formación integral  a 120 nenos e adolescentes.
A nosa filosofía:
Visión: Ser un órgano de protección social eficaz que ofreza as ferramentas necesarias para coaxuvdar ao estado mozambicano na tarefa de garantir un futuro promisor e unha vida de calidade para os nenos e mozos do Distrito Chiúta.
Misión: O CADEIC mellora a calidade da Protección Integral da infancia, a través de desenvolvemento de estratexias de Intervención Social, no ámbito da protección Social, a Educación, a Cultura e a Recreación, como dereitos fundamentais dos nenos, pícaras e mozas do Distrito de Chiúta.
Para o cumprimento destes obxectivos centrais o CADEIC aborda á poboación infantil ofrecendo programas e proxectos agrupados en tres grandes áreas: Protección,  Educación e Recreación que vos explicamos nas entradas do blog.

 

 

 

Anuncios