Semana de Mozambique

Do 21 ao 29 de abril todas as escolas participantes no proxecto celebraron de forma conxunta a “Semana de Mozambique” levando a cabo distintas actividades didácticas co obxectivo de transmitir a idea de cidadanía global, facendo fincapé en que todos somos cidadáns dun mesmo mundo.

Partindo dos seus coñecementos previos e da súa motivación e intereses, levaron a cabo distintas actividades que lles permitiron achegarse á cultura e características deste país, ademais de axudarlles a crecer en valores de tolerancia, solidariedade e cidadanía global.

Grazas a iso, adquiriron nocións básicas de xeografía (continentes, nomes de países, localización de Mozambique no mapa…) e desenvolveron destrezas de todas as áreas de aprendizaxe a través de distintas actividades en recunchos adaptadas a cada curso: Operacións sinxelas coa moeda de alí, lectura e escritura de palabras e pequenos textos, labirintos, tarxetas para contar animais, xogo simbólico con capulanas, creación de obras de arte con distintas técnicas, confección dun conto viaxeiro, resolución de problemas sinxelos, coñecemento dos seus ecosistemas, etc.

Realizouse un concurso de capulanas para posteriormente crear paraugas cos deseños elaborados polos alumnos e alumnas. Tamén foron utilizadas para facer outros materiais como chapas, atrapasonos, pulseiras, etc.

Ademais, realizaron unha actividade de creación de xoguetes reciclados coas súas familias e tiveron a oportunidade de facer preguntas a Mario, un mozo mozambiqueño que lles respondeu e deu datos sobre como é a vida alí.

Estamos xuntos!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s