Escola Infantil Arela

A Escola Infantil Municipal Arela está situada no barrio de Elviña, na cidade da Coruña e  levamos en funcionamento desde setembro de 2002.  O equipo educativo está formado por un total de 18 persoas e ademais  dúas cociñeiras.

Temos a grande vantaxe de contar con oito aulas amplas e luminosas, o que supón unha grande axuda para a creación de espazos e recantos que faciliten as necesidades de desenvolvemento e aprendizaxe das nenas e nenos. A escola ten ademais un gran patio interior e xardín. En Arela escolarízanse un total de 115 nenos e nenas de 0 a 3 anos, distribuídos en 8 aulas segundo a súa idade.

O noso proxecto educativo está baseado na consideración da primeira infancia como unha etapa vital con sentido pleno e chea de significado, así como no fundamental que é a relación entre a familia e a escola.  Arela é unha escola aberta ás nais e pais, comezando polas entradas e saídas diarias á aula para traer e levar os pequenos e chegando á súa implicación en actividades e proxectos da escola (período de adaptación, elaboración de materiais, colaboración en festas, saídas,  etc.).

Consideramos imprescindible (e máis aínda na etapa de Educación Infantil) o respecto polos ritmos particulares de crecemento, maduración e aprendizaxe de cada nena e neno, así como a educación en valores de respecto pola diversidade, especialmente  dos nenos e nenas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

En definitiva, pretendemos que os nenos e nenas fagan descubrimentos xunto cos seus iguais, avancen na conquista da autonomía, adquiran os primeiros valores e hábitos de convivencia e, sobre todo, que sexan os protagonistas das súas propias aprendizaxes.

Para nós, participar en este proxecto supón unha oportunidade única para compartir coñecementos, experiencias e afectos, ademáis de poder axudar a visibilizar outras realidades educativas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s